Achégase o momento de solicitar a túa bolsa BEME e optar a vivir experiencias formativas e profesionais como as de Javier Caprarelli, retornado da Arxentina

A convocatoria das bolsas BEME 2023-2024 abrirase a comezos do vindeiro mes de febreiro

A convocatoria das bolsas BEME 2023-2024 abrirase a comezos do vindeiro mes de febrero

Listen to this page using ReadSpeaker

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2023.

A Secretaría Xeral da Emigración abrirá a comezos de febreiro a nova convocatoria das 250 Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior - BEME para que as e os galegos residentes no exterior ou as e os descendentes de galegas ou galegos poidan facer un máster nunha das tres universidades de Galicia o próximo curso 2023/24.

Javier Caprarelli optou por solicitar unha bolsa BEME para cursar un mestrado na Universidade de Vigo que lle permitira vir a España a estudar e emprender á vila das e dos seus antepasados, Pontevedra. Instalouse na cidade do Lérez xunto á súa familia e puxo en marcha un negocio.