A Agrupación Ío organiza o III Encontro da Noite, xornada divulgativa sobre protección e posta en valor da noite

Data: 

sábado, 14 Maio, 2022 (Todo o día)

O vindeiro sábado 14 de maio a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío organiza a terceira edición do Encontro da Noite, unha xornada divulgativa sobre contaminación luminosa, protección da noite e posta en valor da paisaxe nocturna. A actividade conta co apoio do Concello da Coruña a través dos Museos Científicos Coruñeses.

Programa: http://grupacionio.com/gl/la-agrupacion-io-organiza-el-iii-encontro-da-noite-jornada-divulgativa-sobre-proteccion-y-puesta-en-valor-de-la-noche/