Alberto Varela foi reelixido como presidente da FEGAMP na súa XI Asemblea Xeral

Data: 

mércores, 15 Novembro, 2023 (Todo o día)

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2023.- O plenario da XI Asemblea Xeral da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) elixiou de novo como presidente a Alberto Varela, alcalde de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

A candidatura encabezada por Alberto Varela recibiu o apoio de 740 dos 1.614 votos emitidos superando aos 627 recibidos polo alcalde do Incio (Lugo), Héctor Corujo, quen vai ocupar  Vicepresidencia Primeira. A terceira candidatura, encabezada polo alcalde de San Sadurniño (A Coruña), Secundino García, recibiu 204 votos, polo que repite como vicepresidente segundo.  A vicepresidencia executiva volveu recaer en María Barral, alcaldesa de Betanzos (A Coruña), como número 2 da candidatura máis votada (a encabezada por Alberto Varela).

Ademaís, foron elixidas membros da Comisión Executiva as 9 primeiras persoas candidatas da candidatura máis votada, as 6 da segunda, e as 2 da terceira. E tamén foron elixidas membros do Consello Federal as 29 primeiras persoas candidatas da candidatura máis votada, as 19 da segunda, e as 7 da terceira.

Deste xeito, Alberto Varela é o primeiro presidente da FEGAMP que repite nos seus 34 anos de historia. "É unha honra e un orgullo recibir o apoio maioritario dos alcaldes galegos", manifestou no seu discurso, agradecendo o apoio do seu partido, o PSdeG, e dos seus compañeiros e compañeiras do goberno local de Vilagarcía de Arousa.

O proceso electoral da XI Asemblea Xeral da FEGAMP contou con tres candidaturas á dirección, vinculada cada unha delas co PSdeG, co PP e co BNG. A diferencia do acontecido nas dúas anteriores asembleas nas que houbo so unha única candidatura conformada polos tres partidos, nesta ocasión non foi posible esa concurrencia.

Antes da votación dos novos órganos, as persoas participantes á XI Asemblea Xeral debateron en comisión as dúas emendas ás vinte e unha propostas de resolucións do relatorio sobre Financiamento Local; outras seis emendas ás doce propostas de resolucións do relatorio sobre Autonomía e Competencias Locais, e unha emenda máis ás trinta e unha propostas de resolucións do relatorio sobre Desenvolvemento Estratéxico dos Concellos. Despois, achegouse ao plenario da Asemblea o resultado dese debate, sendo aprobadas por consenso as resolucións de cada relatorio na súa totalidade.

Á clausura da XI Asemblea Xeral da FEGAMP asistiu Diego Calvo, vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, en sustitución de Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia, que estaba en Madrid asistindo no Congreso dos Deputados á investidura de Pedro Sánchez como presidente do Goberno de España. Tamén asistiu o secretario xeral da Federación Española de Municipìos e Provincias, Luis Martínez-Sicluna.

No seu discurso como presidente electo, Alberto Varela volveu a situar como prioridades de mandato lograr unha mellora nas canles de financación das entidades locais, conseguir a definición de que competencias corresponden aos concellos, mellorar a súa participación na toma de decisións de cuestións que lles afectan e lograr que quede fixado "por lei" que cada nova lei da Xunta que supoña novas responsabilidades para os municipos veña acompañada de recursos económicos para a súa prestación.

Tamén puxo como obxectivos da súa nova etapa á fronte da FEGAMP lograr que a Xunta "asuma o custo" do mantemento en centros educativos e sanitarios e do resto de competencias "exclusivamente autonómicas" que exercen as administracións locais, ás que causan "un gasto inasumible".

galería_fotos