Axudas correspondentes ao Programa de incentivos para a implantación de instalación de enerxías renovables térmicas en edificios non residenciais, establecementos e infraestruturas do sector público (PRTR). Ampliación Prazo: 31-07-2024

Data: 

venres, 14 Xullo, 2023 (Todo o día) a domingo, 31 Decembro, 2023 (Todo o día)

 

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

Resolución do 5 de xuño de 2023 pola que se aproba a convocatoria para o ano 2023 do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos para a implantación de instalación de enerxías renovables térmicas en edificios non residenciais, establecementos e infraestruturas do sector público, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento IN422O). BDNS (Identif.): 702352.

Finalidade

1. A presente resolución ten por obxecto aprobar a convocatoria de axudas para o programa de incentivos para a implantación de instalacións de enerxías renovables térmicas en edificios non residenciais, establecementos e infraestruturas do sector público para o ano 2023, de acordo coas bases reguladoras previstas no Real decreto 1124/2021, do 21 de decembro (publicado no BOE núm. 305, do 22 de decembro), modificado polo Real decreto 377/2022, do 17 de maio (BOE núm. 118, do 18 de maio) (código de procedemento IN422O).

2. Pola presente convócanse axudas para as seguintes actuacións:

Programa de incentivos 2: realización de instalacións de enerxías renovables térmicas en edificios non residenciais, establecementos e infraestruturas do sector público.

Beneficiarios

Serán beneficiarios os suxeitos que se enumeran no artigo 3 da convocatoria, sempre que non realicen unha actividade económica pola que ofrezan bens ou servizos no mercado, e en concreto, os seguintes:

a) As entidades locais territoriais previstas no artigo 3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local ou calquera outra entidade local ou supralocal, distinta das anteriores, legalmente constituída e dotada de personalidade xurídica propia.

b) Calquera entidade do sector público institucional de calquera Administración pública a que se refire o artigo 2.2 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, así como as entidades de dereito privado ou organizacións privadas sen ánimo de lucro.

c) Agrupacións, asociacións, consorcios ou calquera outra forma de colaboración, con ou sen personalidade xurídica e sen actividade económica de calquera das figuras do artigo 16.2, punto 1 e 2 das bases reguladoras (Real decreto 1124/2021, do 21 de decembro).

Bases reguladoras

Real decreto 1124/2021, do 21 de decembro, polo que se aproba a concesión directa ás comunidades autónomas e ás cidades de Ceuta e Melilla de axudas para a execución dos programas de incentivos para a implantación de instalación de enerxías renovables térmicas nos diferentes sectores da economía, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Real decreto 377/2022, do 17 de maio, polo que se amplía a tipoloxía de beneficiarios do Real decreto 477/2021, do 29 de xuño, polo que se aproba a concesión directa ás comunidades autónomas e ás cidades de Ceuta e Melilla de axudas para a execución de diversos programas de incentivos vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento, con fontes de enerxía renovable, así como á implantación de sistemas térmicos renovables no sector residencial, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, e do Real decreto 1124/2021, do 21 de decembro, polo que se aproba a concesión directa ás comunidades autónomas e ás cidades de Ceuta e Melilla de axudas para a execución dos programas de incentivos para a implantación de instalación de enerxías renovables térmicas nos diferentes sectores da economía, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Contía da axuda

Os custos subvencionables máximos, custos de referencia e contía das axudas para cada unha das actuacións veñen establecidos no anexo III do Real decreto 1124/2021, do 21 de decembro, publicado no BOE núm. 305, do 22 de decembro de 2021.

Os custos elixibles relaciónanse no anexo I AI.2 do Real decreto 1124/2021, do 21 de decembro, publicado no BOE núm. 305, do 22 de decembro de 2021.

Prazo de presentación de solicitudes de axuda

O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 9.00 horas, transcorridos 20 días hábiles desde a publicación da convocatoria de axudas no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 31 de decembro de 2023, que, ao ser inhábil, se prorrogará ao día seguinte hábil (2 de xaneiro de 2024).

CORRECCIÓN DE ERROS (public. 29 setembro 2023):

Advertido un erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 114, do 16 de xuño de 2023, é necesario realizar a seguinte corrección:

Na páxina 37696, no punto 2 do artigo 5, onde di:

«O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 9.00 horas, transcorridos 20 días hábiles desde a publicación da convocatoria de axudas no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 31 de decembro de 2023, que ao ser inhábil prorrogarase ao día seguinte hábil (2 de xaneiro de 2024)».

Debe dicir:

«O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 9.00 horas, transcorridos 20 días hábiles desde a publicación da convocatoria de axudas no Diario Oficial de Galicia, e finalizará o 31 de decembro de 2023».

MODIFICACIÓN PRAZO SOLICITUDES (public. 29 de decembro de 2023):

Única. O número 2 do artigo 5 queda redactado como segue:

«2. O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 9.00 horas, transcorridos 20 días hábiles desde a publicación da convocatoria de axudas no Diario Oficial de Galicia e rematará o 31 de xullo de 2024».

Máis Información

-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 702352): http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index

-A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal

-Na páxina web do Inega: www.inega.gal

-No correo electrónico inega.info@xunta.gal

-No teléfono 981 54 15 00.

 

Descargas: