Axudas destinadas a centros museísticos. Prazo: 29-02-2024

Data: 

xoves, 1 Febreiro, 2024 (Todo o día) a xoves, 29 Febreiro, 2024 (Todo o día)

 

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades 

Orde do 5 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas a centros museísticos da Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento CT110C).

BDNS (Identif.): 740984.

Obxecto e finalidade

Constitúe o obxecto desta orde, por unha banda, o establecemento das bases reguladoras das axudas destinadas aos museos e outros centros museísticos que formen parte do Sistema Galego de Centros Museísticos para a realización de actuacións e actividades museísticas que faciliten a conservación, a seguranza, a documentación, a investigación, a difusión e, por outra, a convocatoria das axudas para o ano 2024 (código de procedemento CT110C).

Entidades beneficiarias

Poderán optar a estas axudas os entes locais e as entidades privadas sen fin de lucro galegas, titulares de museos, coleccións museográficas ou centros de interpretación, inscritas no Rexistro Xeral de Centros Museísticos de Galicia que cumpran os requisitos establecidos nesta orde, con exclusión de:

a) Fundacións ou padroados en cuxo órgano de goberno participe a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e achegue recursos para financiar o seu funcionamento.

b) Entidades titulares de museos e centros museísticos destinatarios de subvencións nominativas coa mesma finalidade, consignadas nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, nas partidas de gasto correspondentes á Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Financiamento e contía das axudas

As axudas convocadas para o ano 2024 terán unha contía total de douscentos mil euros (200.000 €) que se imputarán aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024 nas aplicacións orzamentarias 10.04.432A.760.4 (100.000 €) e 10.04.432A.781.2 (100.000 €).

Estas axudas son compatibles con outras axudas e subvencións outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, se o importe total que percibe o beneficiario non supera a porcentaxe máxima do investimento.

A tramitación desta orde faise por tramitación anticipada de gasto e queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024.

O proxecto será cofinanciado entre o solicitante e a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. A axuda máxima por beneficiario que concederá a consellería será de 10.000 € por proxecto, que en ningún caso poderá exceder o 80 % do investimento total aprobado que se vaia realizar.

Actividades subvencionables

1. Será susceptible de subvención ao abeiro desta orde a realización das seguintes actuacións e actividades:

a) Inventario, catalogación e/ou documentación gráfica ou audiovisual en soporte dixital dos fondos materiais e inmateriais que compoñen as coleccións.

b) Adquisición de equipamento para a conservación preventiva dos fondos museográficos e documentais do centro na exposición permanente ou nas áreas de reserva.

c) Actualización da exposición permanente nos contidos do seu discurso ou na súa museografía, incluíndo o desenvolvemento e produción de contidos complementarios audiovisuais e multimedia, audioguías ou recursos documentais doutro tipo postos á disposición do público nas salas para mellorar o acceso aos fondos.

d) Organización de exposicións temporais acordes co ámbito territorial e/ou temático do centro.

e) Realización de actividades didácticas e lúdico-culturais relacionadas co ámbito temático do centro.

f) Creación ou renovación da páxina web do centro.

g) Traballos de investigación sobre o patrimonio material e inmaterial relacionado coas súas coleccións ou co ámbito temático do centro.

h) Traballos de edición e tradución de publicacións científicas e divulgativas sobre as coleccións ou o ámbito temático do centro en calquera soporte en forma de catálogos, monografías, publicacións periódicas, folletos, produtos audiovisuais e multimedia.

i) Elaboración de documentos e estudos para a mellora e a innovación na xestión: plans museolóxicos, cartas de servizos, estudos de público, elaboración de plans de comunicación e márketing cultural, diagnósticos previos e planificación de medidas en favor da igualdade de mulleres e homes, así como medidas para a inclusión na xestión interna e na programación de actividades do museo.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes será dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes. En todo caso, sempre estarán excluídos do cómputo os sábados, domingos e os declarados festivos.

Máis Información

-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 740984): http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index

-Na Dirección Xeral de Cultura.

 

Descargas: