AXUDAS PARA A ORGANIZACIÓN DE FESTIVAIS E CERTAMES CINEMATOGRÁFICOS EN ESPAÑA DURANTE O ANO 2019. PRAZO: 10-07-2019

Data: 

venres, 21 Xuño, 2019 (Todo o día) a mércores, 10 Xullo, 2019 (Todo o día)

 

Ministerio de Cultura e Deporte

Extracto da Resolución do 11 de xuño de 2019, do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais, pola que se convocan axudas para a organización de festivais e certames cinematográficos en España durante o ano 2019. BDNS (Identif.): 461981.

Obxecto

Axudas para a organización de festivais ou certames cinematográficos de recoñecido prestixio que se celebren durante o ano 2019 en España e que dediquen especial atención á programación e difusión do cinema español, comunitario, iberoamericano, así como a películas de animación, documentais e curtametraxes.

Beneficiarios

Comunidades Autónomas e organismos e entidades delas dependentes, entidades públicas que teñan a consideración de Corporacións Locais e organismos e entidades delas dependentes, persoas xurídicas públicas e privadas e persoas físicas que cumpran os requisitos establecidos no artigo 54 da Orde CUD/769/2018, do 17 de xullo, e actúen como promotores dun festival ou certame cinematográfico.

Bases reguladoras

Orde CUD/769/2018, do 17 de xullo, cuxa última modificación foi realizada mediante a Orde CUD/426/2019, do 11 de abril, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas previstas no Capítulo III da Lei 55/2007, do 28 de decembro, do Cinema, e determínase a estrutura do Rexistro Administrativo de Empresas Cinematográficas e Audiovisuais.

Contía

O importe total desta convocatoria ascende á cantidade de: 739.000,- de euros. A contía individual non poderá superar o 50% dos gastos subvencionables.

Prazo

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais a partir do día seguinte da publicación deste extracto no Boletín Oficial do Estado.

 

Descargas: