A FEGAMP ASINA CO CONCELLO DE LALÍN UN CONVENIO PARA A REALIZACIÓN DO IV CURSO DE VERÁN SOBRE NOVAS FRONTEIRAS DA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES: O EMPREGO SIGNIFICATIVO



 

Santiago, 07 de xullo de 2008. O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e alcalde de Ames, Carlos Fernández, e o alcalde de Lalín, Xosé Crespo, veñen de asinar un convenio de colaboración en nome das entidades que presiden para a realización do curso de Verán Novas Fronteiras na Igualdade de Oportunidades : Emprego Significativo, impartido pola Universidade de Santiago de Compostela (USC).

En virtude do documento asinado, o concello de Lalín, lugar onde se celebrará a cuarta edición deste curso, contribuirá a sufragar parte dos gastos da súa posta en marcha, mentres a Fegamp, a través da Escola Galega de Altos Estudos Locais, achegará a cantidade de 6.000 euros, dos que 4.500 euros se destinarán a sufragar parte dos gastos de matrícula do alumnado pertencen