O Concello de Xove adhírese ao Plan de Transparencia e Bo Goberno para Entidades Locais da Fegamp

Data: 

mércores, 21 Outubro, 2015 (Todo o día)

O Pleno municipal do Concello lucense de Xove deu onte o visto bo á adhesión á Ordenanza de Transparencia incluída no Plan de Transparencia e Bo Goberno para Entidades Locais elaborado e aprobado pola Federación galega de Municipios e Provincias (Fegamp) antes das pasadas eleccións municipais en Galicia. O alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, afirmou que sumándose á Ordenanza do Plan o seu concello sitúase 'de novo á vangarda nas súas políticas a favor da transparencia'.

Xove é o segundo concello galego, despois de Marín (Pontevedra), en adherirse ao Plan de Transparencia e Bo Goberno para Entidades Locais da Fegamp.

Xuntamos artigo de prensa que recolle a aprobación desa adhesión.

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon plantransparenciafegamp18.pdf141.5 KB