Premios Axentes TIC da Rede CeMIT 2023. Prazo: 25-09-2023

Data: 

martes, 25 Xullo, 2023 (Todo o día) a luns, 25 Setembro, 2023 (Todo o día)

 

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Resolución do 10 de xullo de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos premios Axentes TIC da Rede CeMIT, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento AP401A). BDNS (identif.): 708942.

Obxecto

1. Por medio desta resolución establécense as bases reguladoras para os premios Axentes TIC da Rede CeMIT (código de procedemento AP401A).

2. A finalidade deste premio é recoñecer o compromiso e o labor dos axentes TIC e responsables de aula, xa que fan posible unha Rede CeMIT máis eficiente e moderna que asegura que a cidadanía conte coas capacidades dixitais para poder participar de forma máis efectiva no novo contexto dixital.

Persoas beneficiarias

1. Poderán participar nesta convocatoria todas as persoas que desenvolvan labores de dinamización no ámbito dunha aula CeMIT (axentes TIC e responsables de aula da Rede CeMIT) mediante a realización de cursos, charlas etc. e que, mediante declaración responsable, acrediten levar a cabo tales labores, na aula que corresponda, durante o ano en curso.

3. A forma de participación será a título individual, agás nos casos en que existan varias persoas responsables da dinamización da aula, que poderán conformar un equipo de traballo. O número máximo de persoas para conformar unha candidatura é de tres persoas e, neste caso, indicarase expresamente a persoa física designada como voceira do equipo, que será a encargada das comunicacións.

4. Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas en que concorra algunha das circunstancias previstas nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Importe

1. Para o financiamento desta convocatoria está prevista unha dotación orzamentaria máxima de 6.000 euros, que se financiarán con cargo á aplicación orzamentaria 07.A1.571A.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023.

2. Segundo o disposto no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a dotación orzamentaria poderase incrementar sen que se realice unha nova convocatoria, no caso de xerar, ampliar ou incorporar crédito, ou coa existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

3. As solicitudes, a súa tramitación e concesión axustaranse as bases reguladoras e ao disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día for inhábil, entenderase prorrogado ao seguinte día hábil.

Máis Información

-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 708942): http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index

-Na Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Descargas: