Rematan as 'Vacacións con Traballo' en Cabo Verde e Nicaragua para os voluntarios dos concellos galegos

Data: 

martes, 27 Outubro, 2015 (Todo o día)

Sete técnicos municipais dos concellos de A Estrada, A Pobra, Bergondo, Monforte, Redondela e Rianxo rematan esta semana a súa estadía en Cabo Verde e Nicaragua, a través do programa de voluntariado internacional 'Vacacións con Traballo', do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, que este ano acadou a súa décima edición. Os sete voluntarios, que cooperaron con administracións locais deses dous estados e con ONGD, cualificaron a experiencia como 'unha oportunidade única' ou como 'un punto de inflexión' na súa vida. 

Os interesados en seguir a experiencia deses técnicos municipais, poden facelo a través do blog: http://vacacionscontraballo.wordpress.com