REUNIÓN CA COXAPO

Data: 

mércores, 24 Abril, 2019 - 11:30

O mércores 24 de abril de 2019 celebrouse unha reunión na sede da Fegamp onde se tratou o tema da relación de responsabilidade dos concellos coas traídas veciñais legalmente constituídas. Na mesma participaron por parte da Fegamp o seu presidente, Alfredo García, e Lucía González; e por parte da COXAPO (Asociación Traídas Augas)  estiveron presentes Joaquín Pousa e Rafael Carrera Díaz.