Data:
Augas de Galicia
Resolución do 26 de decembro de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á realización de auditorías municipais das redes de saneamento para a detección de infiltracións, e se convocan para o ano 2024, mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento AU301D).
BDNS (Identif.): 741011.
Obxecto
Establecer as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de auditorías municipais das redes de saneamento para a detección de infiltracións, e convocar estas subvencións para o ano 2024 (código de procedemento AU301D).
Entidades beneficiarias
Poderán ser entidades beneficiarias destas subvencións os concellos responsables de sistemas de saneamento cunha poboación total igual ou inferior a 50.000 habitantes, segundo cifras de poboación acordes co establecido no Real decreto 1037/2022, do 20 de decembro, polo que se declaran oficiais as cifras de poboación resultantes da revisión do padrón municipal referidas ao 1 de xaneiro de 2022.
Non poderán ser beneficiarios os concellos que xa o fosen ao abeiro da convocatoria do ano 2022, convocada pola Resolución do 23 de agosto de 2022, salvo que, unha vez notificada a resolución de concesión, renunciasen á subvención no prazo establecido no artigo 19 das bases da convocatoria.
Importe
As subvencións reguladas ao abeiro desta resolución financiaranse con cargo á conta financeira 6566 (subvencións de capital a corporacións locais) da entidade pública empresarial Augas de Galicia, por importe de trescentos mil euros (300.000 €).
O importe das subvencións será do 80 % do investimento subvencionable, co límite máximo de quince mil euros (15.000 €) por solicitude, ata esgotar o crédito previsto nesta resolución.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Máis Información
-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 741011): http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index
-Na Dirección de Augas de Galicia.