SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS A CONCELLOS PARA A ADQUISICIÓN DE VEHÍCULOS ALTERNATIVOS, MEDIANTE O SISTEMA DE RENTING, CON DESTINO AOS CORPOS DE POLICÍA LOCAL. PRAZO: 23-08-2021

Data: 

sábado, 24 Xullo, 2021 (Todo o día) a luns, 23 Agosto, 2021 (Todo o día)

 

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo 

Orde do 20 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a concellos para a adquisición de vehículos alternativos, mediante o sistema de renting, con destino aos corpos de Policía Local, financiadas polo Fondo de Compensación Ambiental (código de procedemento PR483E). BDNS (Identif.): 575883.

Obxecto

Poderán ser obxecto de subvención os gastos ocasionados como consecuencia da subministración, mediante o sistema de renting, de vehículos eléctricos ou vehículos híbridos enchufables e non enchufables que reúnan as condicións para obter o distintivo ambiental Cero emisións ou Eco, con destino aos corpos de Policía Local para o exercicio das súas funcións.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios destas subvencións aqueles concellos de Galicia que teñan subscrito ou vaian subscribir un contrato de renting con data igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2021 e que reúnan os seguintes requisitos:

a) Ter menos de 50.000 habitantes, de acordo coas cifras oficiais do padrón municipal de habitantes en xaneiro de 2021, publicadas polo Instituto Galego de Estatística.

b) Ter remitida a conta xeral do concello correspondente ao exercicio orzamentario de 2019 ao Consello de Contas. Este requisito deberá estar cumprido antes do remate do prazo de presentación de solicitudes e acreditarase mediante certificación emitida pola persoa secretaria ou interventora do concello.

c) Contar con corpo de Policía Local, segundo os datos facilitados pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior.

Importe

Para a concesión destas axudas destínase crédito ata un importe máximo de 1.075.200,00 €, coa seguinte distribución por anualidades:

Anualidade Importe
2021 112.000,00
2022 268.800,00
2023 268.800,00
2024 268.800,00
2025 156.800,00
Total 1.075.200,00

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao de publicación, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.

Descargas: