Subvencións para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable. Prazo: 11-09-2023

Data: 

xoves, 10 Agosto, 2023 (Todo o día) a luns, 11 Setembro, 2023 (Todo o día)

 

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Orde do 28 de xullo de 2023 pola que se procede á segunda convocatoria do ano 2023 para a concesión de subvencións, plurianuais e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a concellos para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable (código de procedemento DE401C). BDNS (Identif.): 711407.

Obxecto

Esta orde ten por obxecto proceder á segunda convocatoria do ano 2023 para a concesión de subvencións, plurianuais e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a concellos para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable (código de procedemento DE401C).

Quedan excluídas as actuacións de mellora da eficiencia enerxética nas instalacións deportivas.

Entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarios destas subvencións os concellos de Galicia que, con carácter previo á resolución de concesión da axuda, teñan as súas instalacións deportivas inscritas no Rexistro de Instalacións Deportivas de Galicia.

Importe

Para conceder estas subvencións destinaranse 2.003.200,38. € con cargo á aplicación orzamentaria 06.02.441A.760.0, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia. Na anualidade 2023 destinaranse 1.100.000,00 € e na anualidade 2024 destinaranse 903.200,38 €.

Prazo para presentar as solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Máis Información

-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 711407): http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index

-Na Subdirección Xeral de Xestión Deportiva.

-Na Secretaría Xeral para o Deporte.

Descargas: