SUBVENCIÓNS PARA O PROGRAMA CULTURA NO CAMIÑO, CARA AO FOMENTO DAS ARTES ESCÉNICAS E MUSICAIS CON MOTIVO DO XACOBEO 21-22. PRAZO: 06-07-2022

Data: 

martes, 7 Xuño, 2022 (Todo o día) a mércores, 6 Xullo, 2022 (Todo o día)

 

Axencia Galega das Industrias Culturais 

Resolución do 18 de maio de 2022 pola que se establecen as bases de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o programa Cultura no Camiño, cara ao fomento das artes escénicas e musicais nos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia polos que discorren os diferentes camiños de Santiago, con motivo do Xacobeo 21-22, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento CT302B). BDNS (Identif.): 630934.

Obxecto e finalidade

1. Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, e dentro das súas competencias, ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras das subvencións destinadas a cofinanciar programacións culturais realizadas por entidades locais polas que discorren os diferentes camiños de Santiago co motivo do Xacobeo 21-22, para contribuír á promoción das artes escénicas e musicais, e convócanse para o ano 2022 (código de procedemento CT302B).

2. Estas axudas teñen como finalidade o fomento das artes escénicas e musicais de carácter profesional, en particular de teatro, música, danza, novo circo e maxia, nos concellos de Galicia, sendo subvencionable unha porcentaxe das contratacións que integrarán as programacións e que serán desenvolvidas nas datas comprendidas entre o 15 de xullo ao 10 de setembro de 2022.

3. As programacións incluídas nesta convocatoria deberán incluír, como mínimo, dúas contratacións de teatro, danza, música, novo circo ou maxia, que deberán ter un orzamento superior a 5.000,00 euros (IVE incluído) nos concellos de menos de 20.000 habitantes e de 8.750,00 euros (IVE incluído) nos concellos de máis de 20.000 habitantes.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios destas axudas os concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, polos que discorren os diferentes camiños de Santiago, recoñecidos pola Lei 5/2016, do 4 de maio, de patrimonio cultural, e delimitados polo correspondente decreto, así como aqueles nos que se ditou acordo de inicio para súa tramitación.

Procedemento, créditos, contías e límites

1. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase polo procedemento de concorrencia non competitiva de xeito abreviado e polo esgotamento do crédito de conformidade co previsto nos artigos 19.2 e 22 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. O financiamento destas axudas nesta convocatoria realizarase, en todo caso, en función das dispoñibilidades orzamentarias, destinándose un crédito global de 230.000,00 euros da aplicación orzamentaria 10.A1.432B.760.0 do código de proxecto 2015-00003.

3. Concederase unha dotación económica para a contratación de programacións de artes escénicas e musicais do ano 2022, que suporá, como máximo:

– 3.500,00 euros en concellos de máis de 20.000 habitantes, que corresponderían ao 40 % do caché de cada actividade programada.

– 2.500,00 euros en concellos de menos de 20.000 habitantes, que corresponderían ao 50 % do caché de cada actividade programada.

No suposto de solicitudes conxuntas aplicarase as cantidades anteriores a cada membro da agrupación en función do seu número de habitantes.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Máis Información

Na Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC).

Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 630934) : http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index

Descargas: