XORNADA TÉCNICA: URBANISMO SOSTIBLE EN GALICIA

Data: 

venres, 3 Novembro, 2017 (Todo o día)

O concello de Lalín organiza unha xornada técnica para falar do urbanismo sostible en Galicia. A xornada celebrarase o venres día 3 de novembro do 2017 na sala de prensa da Casa do Concello de Lalín. 

Nesta xornada revisarase a situación actual do urbanismo da nosa comunidade,  falarase das propostas que están facendo os concellos para mellorar o desenvolvemento urbano dos seus municipios e profundizarase sobre dos novos enfoques e ferramentas que están implementando os profesionais do urbanismo e da xestión urbana.

É unha xornada gratuíta (link á inscrición), destinada a alumnos e a profesionais en xeral das áreas da Arquitectura, o Urbanismo, a Socioloxía, a Xeografía, a Economía e a Enxeñería.

Prema aquí para máis información dos relatores e programa da xornada. 

Email contacto: xornadasurbanismo@lalin.gal