A Xunta abrirá a convocatoria das Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior BEME a comezos do próximo mes de febreiro

Na convocatoria para o curso 2023-2024 ofertaranse 250 bolsas

Na convocatoria para o curso 2023-2024 ofertaranse 250 bolsas

Listen to this page using ReadSpeaker

13 de xaneiro de 2023.

A Secretaría Xeral da Emigración recorda que, trala aprobación onte no Consello da Xunta, a próxima convocatoria das Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior - BEME abrirase a comezos do vindeiro mes de febreiro. Este programa oferta 250 prazas para realizar un máster a galegas e galegos universitarios do exterior nunha das tres universidades galegas para o próximo curso 2023/24

As e os beneficiarios da iniciativa deben ser galegas ou galegos por nacemento ou descendentes por consanguinidade, acreditar un mínimo de dous anos de residencia no exterior e estar admitido na preinscrición dalgún dos mestrados das universidades galegas. A bolsa, cuxo importe é de 7.500 ou 8.000 euros (segundo a persoa beneficiaria proceda de Europa ou do resto do mundo) por curso completo de 60-72 créditos ECTS, destínase a cubrir os gastos de matrícula, viaxe, aloxamento e manutención na Galicia territorial. Aqueles e aquelas que se matriculen nun curso de maior duración (90 créditos) disporán dun orzamento total de entre 11.250 e 12.000 euros (en función do continente de procedencia do alumnado). Máis información nesta ligazón