Axenda Fegamp

09/03/2016

O presidente da Fegamp, Alfredo García, recibiu na nosa sede de Santiago de Compostela á conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Éthel Vázquez, que deixou a súa sinatura no Libro de Visitas.

09/03/2016

O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, Alfredo García, reúnese co conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela e a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Éthel Mª Vázquez Mourelle.

07/03/2016

A Federación Galega de Municipios e Provincias, representada polo vicepresidente primeiro, Alfonso Villares, participa na entrega dos Premios Coopera 2015, organizados pola Xunta de Galicia.

02/03/2016

O presidente da FEGAMP, Alfredo García, mantivo unha xuntanza de traballo co secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo e a subdirectora xeral de Bibliotecas, Cristina Rubal.

24/02/2016

Hoxe clausuráronse en Ourense cun cheo total, as xornadas informativas da Lei do Solo, organizadas por Fegamp e Xunta de Galicia.

23/02/2016

O presidente da Fegamp, Alfredo García reúnese co delegado do Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia, Fernando Blanco para falar do convenio asinado entre ambas partes.

 

 

22/02/2016

A Federación Galega de Municipios e Provincias e a Consellería do Medio Ambiente e Ordenación do Territorio celebraron en Pontevedra a terceira das sesións provinciais informativas dirixidas a todos os concellos co motivo da próxima entrada en vigor da nova Lei do Solo.

18/02/2016

A Federación Galega de Municipios e Provincias e a Consellería do Medio Ambiente e Ordenación do Territorio celebraron en Lugo a segunda das sesións provinciais informativas dirixidas a todos os concellos co motivo da próxima entrada en vigor da nova Lei do Solo.

17/02/2016

Celebración na Fegamp da III Comisión Executiva, correspondente ao mes de febreiro.

Un dos asuntos destacados foi o acordo para solicitar á Xunta e á Delegación do Goberno en Galicia unha liña de axudas para os concellos afectados polos danos do último temporal deste inverno.

17/02/2016

A Federación Galega de Municipios e Provincias e a Consellería do Medio Ambiente e Ordenación do Territorio celebraron na Coruña a primeira das sesións provinciais informativas dirixidas a todos os concellos co motivo da próxima entrada en vigor da nova Lei do Solo.

Páxinas