Novas

10/10/2018 
Alfredo García en Bruxelas no marco da Semana Europea das Rexións e Cidades

O presidente da Fegamp na súa intervención no seo da “Semana Europea das Rexións e Cidades” en Bruxelas, e poñendo como exemplo a realidade galega, pediu a supresión da condición de ter máis de 20.000 habitantes para acceder a fondos europeos como os EDUSI destinados a desenvolvemento dos pobos e cidades.

12/09/2018 
Presentación actividades Rede de entidades locais contra a violencia de xénero 2018-2019

O 12 de setembro presentáronse na sede da Fegamp as actividades ofertadas para o curso 2018-2019 en materia de violencia de xénero nas que inclúen proxeccións, obradoiros, exposicións ou formación específica na materia, que os concellos integrantes da Rede de Entidades Locais contra a Violencia de Xénero poden solicitar de forma gratuíta.

07/09/2018 a 30/09/2018 
Cartaz concurso murais que unen

- O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade organiza na Coruña este certame co apoio do concello, que é socio da rede de administracións locais

- A loita contra a pobreza e a prol da igualdade son os temas centrais das obras, baseadas nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible impulsados pola ONU

10/08/2018 

O presidente da Fegamp, Alfredo García, e o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asinaron un novo convenio de colaboración co obxectivo de afondar na prestación de servizos sociais tanto por parte dos concellos como da administración autonómica.

09/08/2018 
sinatura convenio faixas secundarias 2018

O convenio foi asinado oficialmente o 9 de agosto entre a Fegamp, a Consellería de Medio Rural e a empresa pública Seaga

04/08/2018 
Neno e nena fegamp declaración

Desde os concellos galegos, a través da @Fegamp, queremos aplaudir a @James Rodhes pola valentía que ten amosado contando a súa tráxica e ferinte historia xa que pensamos que ten removido conciencias coa súa actitude de loita sen tregua polos dereitos dos menores.

03/08/2018 
Presentación da campña" De teoula CONsentido, as fiestas gallegas libres de violencias sexistas" 2018

As tres entidades colaboran na posta en marcha dunha campaña de sensibilización para minorizar a violencia sexista nas festas populares a través de carteis, pulseiras e marcapáxinas con contido sensibilizador sobre o tema

12/07/2018 
homenaxe pasamento de Gerardo Fernández Albor

A Federación Galega de Municipios e Provincias lamenta o pasamento de Gerardo Fernández Albor, unha figura política de enorme dimensión, xa que foi o primeiro presidente da Xunta de Galicia elixido democráticamente pola cidadanía galega tras a aprobación do estatuto de autonomía de Galicia.

05/07/2018 
Grupo obradoiro contra a violencia de xénero do fondo galego

- A asociación de concellos e deputacións cofinancia un proxecto que involucra a docentes, alumnado, familias e institucións do municipio de Chinautla

- A formación afectiva resulta clave nun contexto marcado polos embarazos precoces, a violencia e a pobreza, situación que colectivos locais tentan reverter

15/06/2018 
Reunión mesa polas emerxencias de Galicia xuño 2018

A proposta lanzada polo presidente da Fegamp para desbloquear a falta de acordo á hora de levar a cabo a comarcalización dos parques de bombeiros na provincia de Pontevedra, foi falar primeiro cos concellos de Pontevedra e Vigo e despois coa Deputación de Pontevedra; a proposta foi aceptada pola Xunta e exposta hoxe no seo da Mesa polas Emerxencias.

Páxinas