Novas

06/06/2018 
Reunión entre o presidente da Fegamp e os representantes da comunidade islámica galega

Nunha reunión celebrada na sede da Fegamp, representantes da comunidade islámica galega expuxeron ao presidente da Fegamp e á directora xeral de Administración Local a problemática dos enterramentos para esta comunidade que conta con 30.000 membros en Galicia. Os concellos e a Xunta comprometéronse as estudar as posibilidades técnicas e legais para habilitar estes espazos.

06/06/2018 
Reunión sobre a ampliación para os concellos do prazo de xustificación das obras do Plan marco

 Para evitar a perda de subvencións por parte dos concellos pola imposibilidade de cumprir os prazos da nova Lei de Contratos, a Consellería do Medio Rural estudará ampliar o prazo dos gobernos locais en dous meses para levar a cabo os traballos e xustificalos.

30/05/2018 
Reunión da Comisión Organizadora do Xacobeo 2021

O 30 de maio abordáronse al liñas estratéxicas do Plan Xacobeo 2021 coa presenza do presidente da Xunta e do vicepresidente executivo da Fegamp.

07/05/2018 
Comisión Galega de Cooperación Local 7 maio 2018

 

Este era un compromiso adquirido pola Consellería de Sanidade coa firma do Pacto Local en 2006 e foi esta mañá, previamente á celebración da Comisión Galega de Cooperación Local, cando a Fegamp e a Consellería de Sanidade firmaron o acordo para promover entre os concellos o modelo de convenio de adhesión para que o departamento de sanidade asuma os 131 Centros de Saúde municipais que se comprometeu a xestionar. A federación propuxo tamén [Ancla] , xa no marco da reunión da Comisión Galega de Cooperación Local celebrada en Santiago, crear unha comisión de estudo dos gastos dos centros que non foron asumidos para avanzar na asunción dos mesmos e estudar os casos dos consultorios de forma individualizada.

25/04/2018 
O presidente da Fegamp e a conselleira de Medio Ambiente na firma do protocolo

Os concellos de Galicia, a través dun pacto - modelo que ten realizado o Instituto de Estudos do Territorio e que se dotará de contido específico e obxectivos para cada concello, poderán firmar coa Consellería de  Medio Ambiente pactos individuais de protección pola paisaxe das súas contornas.

20/04/2018 
concellos emprendedores de galicia co selo doing business

 

Hoxe entregáronse en Santiago os on 67 tramitacións máis aínda en marcha, o total de concellos que comezaron o proceso foron máis dun centenar.

04/04/2018 
Alfredo García, Manuel Mirás e Anxela Franco ao fin da reunión na sede da Fegamp

O proxecto ten como obxectivo avaliar o estado dos servizos sociais municipais nos concellos coruñeses, detectar posibles carencias e optimizar recursos.

26/03/2018 
O presidente da Fegamp comparece na comisión de incendios no Parlamento

O presidente da Fegamp, Alfredo García, comparecía esta tarde no Parlamento de Galicia no marco da Comisión de prevención e extinción de incendios forestais. Na súa comparecencia García fixo un repaso dos problemas e atrancos cos que se atopan os concellos á hora de manter limpas as franxas de seguridade e aínda que manifestou non ter a solución definitiva ao grave problema dos incendios en Galicia, marcou a ordenación do territorio e a posta en valor do monte coma as vías básicas para conseguir resultados a medio prazo.

13/03/2018 
Reunión alcaldes portugueses y gallegos en la Fegamp

Un total de 30 alcaldes e alcaldesas portugueses/as mantiñan hoxe unha xuntanza na Federación Galega de Municipios e Provincias con unha delegación de cinco alcaldes galegos elixidos polo equipo directivo da Fegamp para dar a coñecer de primeira man as iniciativas que se estaban poñendo en marcha no monte galego para diminuír o risco de incendios. Esta cita foi a última parada dunha rolda de visitas que a delegación lusa realizou en Galicia.

08/03/2018 
Imaxe 8M Fegamp 2018

Día 8 de Marzo, día Internacional da Muller.

Páxinas