Data:
A 8a Conferencia Europea de Ciudades y Pueblos Sostenibles abordará a urxente necesidade de avanzar en materia de sostibilidade local para dar forma ao futuro de Europa. O evento ofrecerá aos participantes a oportunidade de intercambiar experiencias e de coñecer os avances máis novidosos en materia de sostibilidade, ademáis de comprobar de primeira man as claves da transformación urbana do País Vasco.
Recollendo ol exitoso testigo das sete edicions anteriores, está previsto que ao redor de mil líderes e representantes de gobernos locais, institucións europeas, ONGs, e representantes do sector privado tomen parte na conferencia máis influinte do continente dedicada ao desenvolvemento local sostible.
A conferencia está organizada conxuntamente por ICLEI - Gobiernos Locales por la Sostenibilidad, o Goberno Vasco, a Deputación Foral de Bizkaia e o Concello de Bilbao, coa participación de Udalsarea 21 - Red Vasca de Municipios hacia la Sostenibilidad, e o apoio da Deputación Foral de Araba, a Deputación Foral de Gipuzkoa, o Concello de Donostia/San Sebastián e o Concello de Vitoria-Gasteiz.
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
Anuncio da conferencia | 466.14 KB |
Sinopse e obxetivos | 458.82 KB |