Aberto ata setembro o prazo de presentación de traballos ao IV concurso de curtametraxes na rede do Consello da Xuventude de Galicia



[30/04/2009] O prazo para participar permanecerá aberto ata o 10 de setembro de 2009. Para máis información: www.curtasnarede.es

Lugo, 30 de abril de 2009.- A presidenta do Consello da Xuventude de Galicia (CXG), Azucena Rodríguez, presentou hoxe en Lugo a IV edición do concurso de curtametraxes Curtas na Rede, organizado polo CXG e a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual.No acto, que tivo lugar no Centro Xuvenil LUG 2, Rodríguez explicou a dinámica do concurso. Segundo ela, "este concurso diríxese a todas as persoas, a partir dos 15 anos en adiante, interesadas no mundo da creación audiovisual e multimedia. A inscrición é gratuíta e realízase a través dun formulario que se pode atopar na páxina web www.curtasnarede.es. O prazo de inscrición permanece aberto desde o pasado 14 de febreiro e rematará o