AXUDAS PARA ACTUACIÓNS ENCAMIÑADAS Á PROTECCIÓN DOS ANIMAIS DOMÉSTICOS DE COMPAÑÍA ABANDONADOS EN GALICIA. PRAZO REACTIVADO: 16-09-2020

Data: 

martes, 31 Decembro, 2019 (Todo o día) a mércores, 16 Setembro, 2020 (Todo o día)

 

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda 

Orde do 12 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia e se convocan axudas para o ano 2020 (código de procedemento MT811A). BDNS (Identif.): 488289.

Obxecto

Establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas para actuacións encamiñadas á protección de animais domésticos de compañía abandonados en Galicia, relativas á atención e ao coidado dos animais domésticos de compañía que se atopen nos centros de recollida autorizados e/ou formen parten de colonias felinas reguladas no artigo 26 da Lei 4/2017, do 3 de outubro, así como proceder á convocatoria para o ano 2020.

Entidades beneficiarias

Poderanse acoller a estas axudas as corporacións locais que teñan a competencia da recollida e tenza dos animais de compañía abandonados no ámbito territorial correspondente.

Contía

O importe asignado é de cento vinte e cinco mil euros (125.000,00 €), sen prexuízo do incremento orzamentario que se poida realizar con remanentes adicionais de acordo coas dispoñibilidades de crédito. En todo caso, as concesións limitaranse ás dispoñibilidades orzamentarias.

Actuacións subvencionables

1. Serán actuacións subvencionables ao abeiro desta orde de axudas as destinadas á atención e coidado dos animais domésticos de compañía que se atopen nos centros de recollida autorizados e/ou formen parten de colonias felinas reguladas no artigo 26 da Lei 4/2017, do 3 de outubro, e relativos aos gastos derivados do acto clínico para:

a) A esterilización cirúrxica dos animais coa dobre finalidade de evitar a súa reprodución incontrolada e a promoción da súa adopción.

b) A identificación animal mediante a implantación de microchip, correspondente inscrición no Regiac e expedición de pasaporte sanitario, de acordo co recollido no artigo 12 da Lei 4/2017, do 3 de outubro.

2. Non será obxecto de subvención o imposto do valor engadido (IVE).

3. En todo caso, a contía da subvención non poderá ser nunca superior ao custo da acción subvencionable.

Ámbito temporal

As axudas as que se refire esta orde comprenden os gastos subvencionables recollidos no artigo 2 que fosen efectivamente realizados no período comprendido entre o 1 de setembro de 2019 e o 31 de agosto de 2020.

Prazo 

O prazo de presentación das solicitudes será desde o día seguinte ao de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 16 de setembro de 2020.

Descargas: