Data:
A Consellería de Benestar da Xunta de Galicia pechará o próximo mercores, 16 de setembro, a primeira fase da listaxe de recursos ofrecidos polos concellos galegos, organizacións non gubernamentais e o propio Goberno autonómico para a acollida de refuxiados da guerra en Siria. Benestar traballa cun horizonte temporal máximo de 6 meses para a acollida inicial dos refuxiados, que chegarán de xeito escalonado ao longo de 2 anos. Os alcaldes interesados en contactar coa Fegamp para ofrecer recursos nesta primeira quenda deben chamar ao teléfono 981 555 999 ou enviar un mail a correo@fegamp.gal antes do mércores, 16 de setembro, ás 10,00h. Benestar fará chegar ao Ministerio esa primeira listaxe de recursos ao longo da semana que ven.