A Xunta de Galicia ten en marcha unha campaña de apoio ao sector lácteo a través da promoción do leite de calidade “Galega 100%”. Sen dúbida é este un selo recoñecido e recoñecible que está posto en marcha co impulso da Administración e cuxa propiedade e amparo se atopa en mans do sector produtor e transformador galego a través do LIGAL (Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite).
Co obxectivo de sumar esforzos e evitar multiplicidade de mensaxes e marcas, a Consellería do Medio Rural e do Mar, deseñou unha ampliación da campaña adaptable a cada un dos concellos que desexe voluntariamente sumarse e apoiar o sector lácteo en xeral e aos nosos gandeiros en particular.
Xa está á disposición de todas as entidades locais, totalmente de balde, o deseño do material que se xunta no pdf, para que os concellos e deputacións procedan a producilo do xeito que mellor consideren, como medida de compromiso e apoio ao leite de calidade “Galega 100%”.
Para tal fin, deben achegar o acordo de solicitude de uso e adhesión á campaña ao seguinte enderezo electrónico:
gabinete.cmrm@xunta.es; ou crm.prensa@xunta.es
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
PROPOSTAS DE EXTENSIÓN CAMPAÑA LEITE | 9.89 MB |