CAMPAÑA DÍA NACIONAL DAS LINGUAS DE SIGNOS ESPAÑOLAS

Data: 

luns, 14 Xuño, 2021 (Todo o día)

Desde a FAXPG, a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia solicitan a colaboración de todas as Entidades Locais Galegas para sensibilizar á sociedade sobre os problemas das persoas xordas para comunicarse e acceder a contidos.

O vindeiro luns 14 de xuño celebrarase o Día Nacional das Linguas de Signos Españolas. A Fegamp convida a sumarse a esta campaña iluminando os vosos edificios e monumentos de cor turquesa e a través das vosas redes sociais con algunha das seguintes iniciativas:

  • Gravando un vídeo marcando o hashtag da campaña: #YoconlaLS. É moi sinxelo, xuntamos un vídeo corto de cómo facelo: https://youtu.be/E2sWQsb3bTM 
  • Publicando a imaxe do Día Nacional das Linguas de Signos Españolas (a continuación pode descargarla en formato cadrado e horizontal).
  • Ou realizando calquera outro tipo de publicación na que amosedes o voso apoio á lingua de signos. 

Os hashtags da campaña que vos solicitan que incluades na publicación son #YoconlaLS e #EucoaLS. 

Descargas: