CURSO SOBRE BRECHAS DE SEGURIDADE. QUE HAI QUE FACER ?

Data: 

xoves, 23 Xuño, 2022 (Todo o día)

Actividade enmarcada no contexto do grupo de traballo de empresas do Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, grazas a colaboración do Laboratorio de Informática Forense Europeo (LIFe), entidade adherida a CIBER.gal, e a Fegamp, entidade fundadora de CIBER.gal.

 

Sesión de 45 minutos de duración onde se explicará como actuar ante unha situación de continxencia para unha empresa que sufriu unha brecha de ciberseguridade. Para elo, se expoñeranse todas as hipóteses a través da simulación dun caso, que axude a identificar todos os pasos precisos para solucionar o incidente e as medidas a adoptar tralas leccións aprendidas. O obxetivo é expoñer de forma clara os pasos a dar polos responsables de ciberseguridade en caso de ter que enfrontarse a un incidente.

 

23 de xuño de 2022

19:00 horas

Retransmisión en liña

Para mais información e inscricións: Sí, tiven unha brecha de seguridade. Que teño que facer? | Gaiástech (xunta.gal)