Data:
Entre 2015 e 2020 a lexislación internacional sobre transporte marítimo está a punto de experimentar un cambio importante. Esta é unha das razóns que levaron á Fundación Gas Natural Fenosa e á Xunta de Galicia a organizar esta xornada sobre o tema das transformacións enerxéticas e ambientais que se están a producir no transporte marítimo e na actividade pesqueira. En primeiro lugar, o seminario formula a nova lexislación internacional que está a punto de ser aprobada e o impacto que a actividade portuaria ten na calidade do aire das cidades. Na segunda parte da xornada, infórmase sobre as iniciativas de mellora relacionadas coa carga e descarga portuaria e a motorización dos grandes buques de transporte marítimo de pasaxeiros. Finalmente, analízanse as experiencias de eficiencia enerxética dos portos galegos e as melloras enerxéticas e ambientais na frota de pesca galega.
Lugar: Santiago de Compostela.
Organizador: Fundación Gas Natural Fenosa.
Data de inscrición: Inscrición gratuíta. Tf. 981164400 Email: servicio.actividadesfgnf@gasnatural.com