Data:
A FEGAMP reafirmouse no seu compromiso coa mellora do SAF, na atención ás persoas dependentes e na calidade das condicións de traballo das persoas profesionais que as atenden, reclamando da Xunta de Galicia o financiamento necesario para que non teñan que ser os concellos quen teñan que facerse cargo da maioría do custo do servizo.
Ambas organizacións acordaron seguir a traballar de xeito coordinado e preparar unha vindeira xuntanza entre as respectivas presidencias na que concretar a folla de ruta a seguir.
Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2024.- A secretaria xeral da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP, Patricia Vilán, mantivo hoxe unha xutanza co coordinador do Colexio de Traballo Social de Galicia (COTSG), Davíd Gontán, na que avaliaron a situación creada polo goberno da Xunta de Galicia co seu anuncio do “Bono Coidado no Fogar”.
Dende que Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia, fixera o anunció na súa intervención no Debate de Política Xeral do Parlamento de Galicia en outubro pasado, a difusión deste "Bono" intensificouse coa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) da modificación da regulación do recoñecemento da situación de dependencia o pasado 30 de novembro, xerando moita confusión entre as familias das persoas afectadas e moitas dificultades as traballadoras e traballores sociais no desenvolvemento de seu labor, que na meirando parte dos casos xa é moi precario.
Dende o Colexio de Traballo Social salientouse que o devandito "Bono" está a ser divulgado xerando moita expectación inicial e posterior decepción xa que se anuncia como "universal" e "automático", e despois dende a propia Consellería de Política Social confirman que só recibirano os solicitantes que xa cobren prestación de libranza no entorno familiar, que verán complementada esa axuda ata chegar aos 416 euros ao mes resultantes de dividir os 5.000 euros anuais anunciados co "Bono" pola Xunta, tentando de mellorar así a media de 208 euros/mes que reciben as familias galegas que atenden a grandes dependentes, e que é a cuantía máis baixa de todo o Estado.
Os demais solicitantes con grado de dependencia recoñecida terán que volver a solicitalo e iniciar unha nova valoración. Este proceso conleva agardar en lista de espera entre ano e ano e medio, sendo aínda máis longo para quen non teña ningún grado de dependencia recoñecida todavía.
Por parte da FEGAMP, reafirmouse o compromiso dos concellos galegos coa mellora do Servicio da Axuda no Fogar (SAF) tanto na atención ás persoas dependentes como na calidade das condicións de traballo das persoas profesionais que as atenden, polo que se ven reclamando da Xunta de Galicia o financiamento necesario para que non teñan que ser os concellos quen teñan que facerse cargo da maioría do custo do servizo. Por isto, non resolven nada este tipo de "parches", cando o axeitado sería incorporar estes cartos na mellora do financiamento do SAF, que repercutiría en positivo tanto na calidade do servizo que reciben as persoas dependentes como nas condicións laborais das persoas que lles atenden..
Polo anterior, ambas organizacións acordaron seguir a traballar de xeito coordinado e preparar unha vindeira xuntanza entre as respectivas presidencias na que concretar a folla de ruta a seguir.