Fegamp e Tragsa asinan un convenio de colaboración en materia de información e difusión de actividades de defensa do desenvolvemento rural e a protección do medio ambiente



 

Santiago, 28 de xuño de 2010. O presidente da Fegamp, Carlos A. Fernández Castro, e a presidenta de Tragsa, María Luisa Graña Barcia, asinaron esta tarde un convenio de colaboración entre as dúas entidades en virtude do cal a sociedade pública se compromete a informar periodicamente á Fegamp das actuacións máis relevantes que realice ne materia de defensa do desenvolvemento rural e a protección do medio ambiente que incidan, de xeito especial, na mellora das entidades locais de Galicia e nas condicións de vida dos seus cidadáns, información que o organismo municipalista se encargará de difundir entre os seus asociados.

Segundo o acordo, a Fegamp poderá promover o establecemento de relación de colaboración entre Tragsa e os entes locais, con suxeición aos mecanismos previstos no ordenamento xurídico vixente.

XORNADAS TÉ