FEGAMP participa na xornada "Economía azul y transición ecológica en la provincia de Pontevedra"

Data: 

martes, 27 Xuño, 2023 (Todo o día)

O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Alberto Varela, participou na xornada organizada pola Fundación Alternativas e a Deputación Provincial de Pontevedra en Vigo, baixo o título 'Economía azul y transición ecológica en la provincia de Pontevedra',  para analizar os retos dun amplio sector da nosa economía en rápida evolución, que no último decenio adoptou medidas importantes para modernizarse e diversificarse. En paralelo aos sectores tradicionais, están evolucionando e medrando sectores innovadores, como o da enerxía marina renovable, a bioeconomía azul, la biotecnoloxía e a desalinización, abrindo novas perspectivas para a creación de emprego e o desenvolvemento territorial.

Na súa intervención, Alberto Varela sinalou que os concellos comparten "espazos e competencias con outras administracións e iso fai máis complexo mover a difícil maquinaria da xestión pública" na economía azul, polo que abogaou por "un modelo máis sinselo, con menos lío burocrático". Tamén salientou o traballo entre a FEGAMP e Portos de Galicia en relación á desafeción de terrenos portuarios para empregalos noutras actividades, e os proxectos desenvolvidos polos concellos galegos en liña co desenvolvemento dos eixos da economía azul dende o eido local.

Na xornada tamén participou Hugo Morán, secretario de Estado de Medio Ambiente, Ana M. Mejías, deputada provincial de Novas Tecnoloxías e José Luis de la Cruz, director de Sostenibilidade da Fundación Alternativas, entre outras personalidades institucionais, empresariais e académicas.