Fernández defende un mellor financiamento para os concellos




05.04.2008 O responsable da Fegamp mostrouse partidario de harmonizar taxas en concellos e zonas limítrofes ··Non sería momento para abordar procesos de fusión” O presidente da Fegamp e alcalde de Ames, Carlos Fernández, mostrouse onte partidario de profundar no financiamento dos concellos, antes que abordar calquera proceso de reforma de límites, fusións ou agrupamentos municipais. Fernández, que moderou unha mesa redonda con especialistas, na Casa de Europa, en Santiago, no marco do seminario Local Government. A New Dimensión, asegurou que na vida local prima máis o pragmatismo que calquera idea sobre modificación da actual estrutura administrativo-xurídica dos concellos. Fernández, sen embargo, apuntou q