Data:

TecEuropa é o curso de referencia en financiamento comunitario en Galicia, organizado pola Fundación Galicia Europa, para entidades galegas que buscan unha especialización na materia. Esta décimo sexta edición de TecEuropa ten lugar de xeito virtual e está destinada a entidades públicas e privadas galegas. Ao longo de catro sesións, os asistentes poderán abordar, da man de especialistas e representantes comunitarios, todos os aspectos relativos á política rexional e á posta en marcha das transicións verde e dixital. Poderán, ademais, identificar as diferentes oportunidades de financiamento que ofrece o actual marco financeiro europeo, a través de programas como Horizonte Europa.
Cales son os obxectivos do curso?
- Proporcionar ao persoal técnico das organizacións non gubernamentais para o desenvolvemento unha visión xeral das diferentes fontes de financiamento comunitario e, sobretodo, a oportunidade de comprender a lóxica de intervención da UE a través dos diferentes fondos e programas dispoñibles.
- Crear unha rede de técnicos en Galicia para compartir experiencias e coñecementos, así como para desenvolver eventualmente proxectos conxuntos.
Programa TecEuropa
CURSO DE ESPECIALIZACIÓN EN FINANCIAMENTO EUROPEO PARA ENTIDADES GALEGAS
Mércores, 4 de maio
Horario aproximado da sesión: de 9:30 a 13:00
Contidos:
- O Pacto Verde Europeo
- A transición dixital
Venres, de 6 de maio
Horario aproximado da sesión: de 9:30 a 13:00
Contidos:
- A política rexional europea en clave galega
- Programa "Horizonte Europa"
Mércores, 11 de maio
Moderación a cargo de Ana Ramos
Horario aproximado da sesión: de 9:30 a 13:00
Contidos:
- Aspectos prácticos do Marco Financeiro Plurianual da UE e do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia de España
- A experiencia de entidades galegas na xestión dos fondos europeos
Venres, 13 de maio
Moderación a cargo de Ana Ramos
Horario aproximado da sesión: de 9:30 a 13:00
Contidos:
- Programas de xestión directa 21-27 (LIFE, ERASMUS, CERV…). A experiencia de entidades galegas na xestión dos fondos europeos
- Conclusións
Inscicións: https://mailchi.mp/fundaciongaliciaeuropa/xxi0p61g4m#FORMULARIO