Miranda destaca o traballo do Centro Unión Ourensana Amistad y Solidaridad de Cuba

Data: 

luns, 18 Decembro, 2023 (Todo o día)
A Habana (Cuba), 18 de decembro de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda mantivo na súa viaxe en Cuba unha reunión co responsable do Centro Unión Ourensana Amizade e Solidariedade de Cuba, Roberto Ogando Zas, onde se destacou o traballo que fai o centro na illa . Este encontro marcou un paso máis na promoción da cooperación e solidariedade entre Galicia e Cuba, particularmente entre as e os ourensáns e os seus descendentes en Cuba.

O Centro, fundado o 2 de maio de 1995 co nome de “Centro Orensana de La Habana”, ten como misión principal fomentar a unión e solidariedade entre os ourensáns e ourensás tanto en Galicia como en Cuba. Durante a reunión, falaron sobre diversas estratexias para reforzar esta misión.

Enfatizouse a importancia de manter e fortalecer as relacións entre as e os ourensáns en Galicia e as e os naturais de Ourense e os seus e as súas descendentes en Cuba. Planificáronse iniciativas para mellorar a asistencia mutua e as boas relacións entre todos os asociados e asociadas.

Escoitar