Os concellos galegos participaron nas V Xornadas de Cidades Amigas da Infancia

Data: 

mércores, 13 Decembro, 2023 (Todo o día)

Blas García, membro da Comisión Executiva da FEGAMP e alcalde de Ames interveu na inauguración xunto a Myriam Garabito, presidenta de UNICEF Galicia, e Jacobo Rey, director xeral de Infancia da Xunta de Galicia.

Os concellos de Cedeira, Moeche e Viveiro presentaron os seus Consellos Locais de Infancia e Adolescencia.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2023.- A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) participou nas V Xornadas de Cidades Amigas da Infancia, que se celebraron na Escola Galega de Administración Pública (EGAP). Estas xornadas vense celebrando periódicamente e, nesta ocasión, tiveron como obxectivos o apoio aos gobernos locais na mellora das súas políticas de infancia e na implementación da Lei de Protección Integral á Infancia e a Adolescencia fronte á Violencia (LOPIVI).

Nesta ocasión a FEGAMP estivo representada por Blas García, membro da Comisión Executiva da FEGAMP e alcalde de Ames, quen interveu na inauguración, compartindo mesa con Myriam Garabito, presidenta de UNICEF Galicia, e Blas García, director xeral de Familia, Infancia e Dinamización demográfica da Xunta de Galicia. Na súa intervención, Blas García, salientou o compromiso dos cooncellos galegos dende a FEGAMP coas políticas de Infancia, lembrando que con motivo do día mundial da infancia celebrado o 20 de novembro, e a proposta da UNICEF, a Xunta de Voceiros e Voceiras da FEGAMP aprobou unha declaración na que se expresaba o compromiso que as entidades locais temos coa infancia e adolescencia, que débese traducir en máis feitos que garantan os dereitos plasmados na convención de dereitos dos nenos e nenas, aprobados hai xa 24 anos, sobre os 4 alicerces básicos: A non discriminación, o interese superior do neno, o dereito á vida, a supervivencia e o desenvolvemento e a necesidade da participación infantil. 

O alcalde de Ames tamén sinalou a vixencia do convenio de colaboración asinado pola FEGAMP, Xunta de Galicia e UNICEF, para a promoción do programa de Cidades Amigas da Infancia, e o compromiso para sumar máis concellos aos 10 que xa contan co ese recoñecemento en Galicia (Moeche, Cabanas, Carnota, Teo, Redondela, Porriño, Tomiño, Ponteareas, Castrelo de Miño e Ourense).

Por último, lembrou que en novembro pasado celebrouse a Asemblea Xeral da FEGAMP na que aprobouse de forma unánime a recomendación de que dende  os concellos de Galicia se creen Consellos Locais de Participación Infantil e Adolescente.

E para falar das súas experiencias e boas prácticas na promoción destes consellos, tamén participaron os concellos de Cedeira, Moeche e Viveiro, representados por nenas e nenos membros deses consellos.

Inauguración V Xornadas Cidades Amigas da Infancia