PREMIOS GALICIA PARABÉNS 2018-2019. PRAZO: 31-03-2018

Data: 

xoves, 1 Febreiro, 2018 (Todo o día) a sábado, 31 Marzo, 2018 (Todo o día)
cartel premios Galicia Parabens 2018

 

Axencia Turismo de Galicia 

Resolución do 2 de xaneiro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos Premios Galicia Parabéns e se procede á súa convocatoria para os anos 2018 e 2019. BDNS (Identif.): 382598.

Obxecto

Concesión dos Premios Galicia Parabéns como un recoñecemento institucional e social ás iniciativas destinadas a conservar, mellorar e embelecer as paisaxes, os núcleos poboacionais e os Camiños de Santiago dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Os Premios Galicia Parabéns constarán das seguintes categorías:

– 1ª categoría:

Destinada a distinguir as iniciativas ou actuacións realizadas –nos últimos dez anos- para conseguir unha mellora da paisaxe, unha integración axeitada nela de elementos antrópicos (arquitecturas, estradas, industrias, canteiras...), ou da propia mellora estética dos núcleos poboacionais. Así mesmo, inclúense nesta categoría as iniciativas ou actuacións de embelecemento realizadas nos lindes das rutas dos Camiños de Santiago.

– 2ª categoría:

Destinada a premiar os mellores proxectos dirixidos á realización de obras de revalorización e embelecemento, tanto para promover unha mellora da paisaxe como para intervencións nos núcleos poboacionais ou nos lindes dos Camiños de Santiago.

Beneficiarios

Concellos, agrupacións de concellos de Galicia, mancomunidades de concellos de Galicia, consorcios locais galegos e áreas metropolitanas galegas, se as houber.

Para os efectos desta resolución, considérase agrupación de concellos aquela candidatura subscrita por dous ou máis concellos, e deberá observarse o disposto no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Importe

Os premios previstos nestas bases imputaranse á aplicación orzamentaria 04.A2 761A 760.0, proxecto 2017 00004, dos orzamentos da Axencia Turismo de Galicia para as anualidades 2018 e 2019.

A distribución para cada anualidade e para ambas as categorías é a seguinte:

Anualidade 2018: 200.000 euros.

Anualidade 2019: 600.000 euros.

Prazo 

O prazo de presentación de solicitudes será dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Descargas: