Procedemento para o recoñecemento temporal da protección á persoas afectadas polo conflito de Ucraína

No BOE de 10 de marzo de 2022 publicouse a Orden PCM/169/2022, de 9 de marzo, pola que se desenvolve o procedemento para o recoñecemento da protección temporal a persoas afectadas polo conflito en Ucraína.

Esta orde ten por obxecto regular normas complementarias para o recoñecemento individual da protección temporal das persoas afectadas polo conflito en Ucraína e co efecto de que se inicie a súa protección temporal.

O procedemento iniciarase a solicitude da persoa interesada e formularase mediante comparecencia persoal da persoa interesada ante funcionarios da Dirección Xeral da Policía, nos centros de acollida, recepción e derivación do Ministerio de Inclusión,Seguridade Social e Migracións ou, no seu caso, ante as comisarías de policía que se determinen..

 

Arquivos: