Data:
A xuntanza celebrada na Fegamp tivo como obxectivo a constitución da Comisión de Análise para o Estudo e Proposta de Medidas para a reforma da normativa que rexe as Facendas Locais
Na reunión estiveron presentes o presidente da Fegamp, Alfredo García, o vicepresidente primeiro da Fegamp e alcalde de Cervo, Alfonso Villares,o vicepresidente segundo da Fegamp e alcalde de Carballo, Evencio Ferrero Rodríguez, o alcalde de Ares e membro da Executiva da Fegamp e doutor en Dereito e profesor na USC, Julio Ignacio Iglesias Redondo, o voceiro da Fegamp e alcalde de Sada, Benito Portela, o secretario xeral da Fegamp, Eduardo Ramonde, o director xeral da Fegamp, José Manuel Chapela, o coordinador da Fegamp, Raúl Fernández Iglesias, o técnico responsable da Área de Facendas Locais da Fegamp, Andrés Nuñez, o catedrático de Dereito Financeiro e Tributario na USC e ex conselleiro e ex presidente do Consello de Contas entre 2007 e 2014, Antonio López, o secretario xeral da Deputación de Ourense, Francisco Cacharro, o interventor xeral da Deputación da Coruña, José Manuel Pardellas, a secretaria de goberno local do Concello de Vigo, María Concepción Campos Acuña, e o profesor Titular de Dereito Administrativo da USC, Xavier Ferreira Fernández.