SUBVENCIÓNS DENTRO DO PLAN ESPECÍFICO EXTRAORDINARIO DE INVESTIMENTOS DESTINADO Á MELLORA DE INFRAESTRUTURAS E EQUIPAMENTOS NOS CONCELLOS DE GALICIA. PRAZO: 27-07-2016

Data: 

martes, 28 Xuño, 2016 (Todo o día) a mércores, 27 Xullo, 2016 (Todo o día)

 

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 14 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, dentro do Plan específico extraordinario de investimentos destinado á mellora de infraestruturas e equipamentos nos concellos de Galicia. BDNS (Identif.): 310010.

Obxecto 

As subvenciones reguladas por estas bases teñen por obxecto o outorgamento de axudas específicas para investimentos destinados aos concellos de Galicia a que se refire o número 3 deste artigo, para a mellora de infraestruturas e equipamentos, coa finalidade de contribuír a mellorar a calidade da vida local.

Serán subvencionables os investimentos na mellora de infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais que se indican a seguir:

a) Obras de saneamento e abastecemento de auga.

b) Pavimentación de vías públicas municipais.

c) Reformas de edificios e instalacións municipais.

d) Dotación de equipamentos relacionados con calquera das alíneas anteriores.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios da subvención os concellos de Galicia de menos de 10.000 habitantes que formulen petición e que estean nalgún dos seguintes supostos:

a) Concellos cuxa súa actuación respecte os requisitos fiscais impostos pola normativa estatal de estabilidade orzamentaria, regra de gasto, límite de débeda e período medio de pagamento a provedores. A relación de concellos será facilitada pola Consellería de Facenda e referenciada na data de publicación desta orde no DOG.

b) Concellos afectados polos temporais acontecidos na Comunidade Autónoma de Galicia nos meses de xaneiro e febreiro do presente ano, segundo a relación elaborada pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio conforme os criterios e os datos facilitados por Meteogalicia.

c) Concellos que non recibisen axudas superiores a vinte mil euros (20.000 €) na liña non competitiva do Fondo de Compensación Ambiental, convocadas ao abeiro da Orde do 21 de decembro de 2015 pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2016, segundo os datos de que dispón a Dirección Xeral de Administración Local.

Crédito

1. As subvencións reguladas ao abeiro desta orde faranse efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 05.23.141A.760.0 (código de proxecto 2016 00376), ata un importe máximo de dous millóns de euros (2.000.000 €), correspondente aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016.

2. A axuda económica que se conceda acadará a totalidade do investimento realizado, co límite máximo de trinta e cinco mil euros (35.000 €) por concello, ata o esgotamento do crédito a que se refire o punto anterior.

3. No caso de agotamento do crédito dispoñible, informarase a través da páxina web oficial da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (http://cpapx.xunta.gal).

Prazo

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao de publicación, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.

Para máis Información: 

Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Dirección Xeral de Administración Local, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (http://cpapx.xunta.gal).

b) Nos teléfonos 981 54 62 11 e 981 54 62 12.

c) No enderezo electrónico: administracionlocal@xunta.gal.

Descargas: