SUBVENCIÓNS DESTINADAS AO REFORZO E EXTENSIÓN DAS REDES DE DISTRIBUCIÓN ELÉCTRICA QUE DAN SERVIZO AOS PARQUES EMPRESARIAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA. PRAZO: 26-05-2022

Data: 

xoves, 27 Xaneiro, 2022 (Todo o día) a xoves, 26 Maio, 2022 (Todo o día)

 

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación 

Orde do 27 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións destinadas ao reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica que dan servizo aos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento IN519D). BDNS (Identif.): 606957.

Obxecto

Reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica que dan servizo aos parques empresariais existentes ou en desenvolvemento da Comunidade Autónoma de Galicia.

Beneficiarios

Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Contía

Anualidade 2022: 1.600.737,00 €.

Anualidade 2023: 2.000.000,00 €.

Importe total da convocatoria: 3.600.737,00 €.

Intensidade das axudas: 80 % do importe total considerado como subvencionable, cun máximo de 1.000.000,00 € por solicitude.

Poderase anticipar ata o 50 % do importe da subvención concedida.

Actuacións e gastos subvencionables

1. Son actuacións subvencionables o reforzo e extensión da rede de distribución eléctrica que dá servizo a un parque empresarial existente ou en desenvolvemento da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Son gastos subvencionables os establecidos no prego de condicións técnicas emitido pola empresa distribuidora para o reforzo e extensión da rede de distribución eléctrica que dá servizo a un parque empresarial existente ou en desenvolvemento da Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que os ditos gastos deban ser asumidos polos solicitantes, conforme o establecido no artigo 25.3 do Real decreto 1048/2013, do 27 de decembro, polo que se establece a metodoloxía para o cálculo da retribución da actividade de distribución de enerxía eléctrica.

3. Período de gasto subvencionable admitido: consideraranse subvencionables todos os gastos realizados desde o 1 de xaneiro de 2022 ata a data de xustificación do investimento.

4. Non se valorarán para efectos de investimento, os gastos que se realicen en pagamento de taxas, de licenzas, gastos sometidos a aranceis ou os correspondentes a investimentos realizados con fórmulas de arrendamento financeiro. Os tributos son gasto subvencionable cando o beneficiario da subvención os aboa efectivamente. En ningún caso se considerarán gastos subvencionables os impostos indirectos, salvo que se acredite que non son susceptibles de recuperación ou compensación, ni os impostos persoais sobre a renda.

5. Considerarase subvencionable o imposto sobre o valor engadido (IVE) cando non sexa recuperable polo solicitante.

6. Tamén é subvencionable o gasto do cartel informativo a que se refire o artigo 19.8 da presente orde.

7. De acordo co artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, consideraranse gastos realizados os efectivamente pagados con anterioridade á finalización do período de xustificación previsto nas bases reguladoras.

8. Ademais, consideraranse gastos realizados, de acordo co disposto no Decreto 193/2011, do 6 de outubro, cando se teña contabilizado o recoñecemento da obriga polo órgano competente da entidade local.

Prazo de presentación de solicitudes

Catro meses contados desde o día seguinte ao da publicación da Orde do 27 de decembro de 2021 no Diario Oficial de Galicia.

 

 

Descargas: