Subvencións do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2024. Prazo: 26-02-2024

Data: 

xoves, 25 Xaneiro, 2024 (Todo o día) a luns, 26 Febreiro, 2024 (Todo o día)

 

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2024, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia (códigos de procedemento PR483A, PR483B, PR483C e PR483D).

BDNS (Identif.): 740347.

Obxecto

Regular os criterios de repartición e establecer as bases reguladoras e a convocatoria das subvencións do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2024, en réxime de concorrencia non competitiva e concorrencia competitiva, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, afectadas á realización de gastos que revistan natureza produtiva e xeradora de emprego.

Beneficiarios

– Convocatoria de subvencións de natureza non competitiva: aqueles concellos de Galicia cuxo territorio municipal estea dentro da poligonal de delimitación dun parque eólico e, igualmente, os afectados pola correspondente instalación de conexión ou vía de evacuación, relacionados no anexo V da orde.

– Convocatoria de subvencións de natureza competitiva:

a) Os concellos de Galicia que formulen petición de maneira individual.

b) Os concellos de Galicia que formulen petición de maneira conxunta mediante agrupacións ou asociacións de concellos, nos termos do artigo 9.

c) As mancomunidades de concellos de Galicia.

d) Os consorcios locais de Galicia, constituídos de acordo coa Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, sempre que estean participados por un ou varios concellos.

Quedan expresamente excluídas as deputacións provinciais.

Importe

Para o financiamento da convocatoria de subvencións destínase un total de 7.669.950,00 euros.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao de publicación, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

 Máis Información

-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 740347): http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index

Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Dirección Xeral de Administración Local, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes (http://conselleriadepresidencia.xunta.gal) ou na páxina web www.eidolocal.gal

b) Nos teléfonos 981 54 74 02 (liña en concorrencia non competitiva) e 881 99 71 71 (liña en concorrencia competitiva).

c) No enderezo electrónico administracionlocal@xunta.gal

Descargas: