SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA DE INFRAVIVENDA DO PLAN REHAVITA, PLAN GALEGO DE REHABILITACIÓN, ALUGAMENTO E MELLORA DE ACCESO Á VIVENDA 2015-2020. PRAZO: 30-11-2016

Data: 

mércores, 15 Xuño, 2016 (Todo o día) a mércores, 30 Novembro, 2016 (Todo o día)

 

Consellería de Infraestruturas e Vivenda 

ORDE do 25 de maio de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras aplicables á concesión das subvencións do Programa de infravivenda do Plan RehaVIta, Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016. BDNS (Identif.):308082.

Obxecto das axudas

Estas subvencións están dirixidas a prestar apoio aos concellos de Galicia de menos de 10.000 habitantes para que poidan axudar con carácter urxente as unidades de convivencia que habiten, en condición de propietarias, nunha vivenda que se encontre en mal estado de conservación e non dispoñan de recursos para acometer obras que permitan ter as mínimas condicións de habitabilidade. Así mesmo, estas subvencións terán por obxecto permitir aos concellos rehabilitar edificacións ou vivendas do seu patrimonio municipal para solucionar os problemas de residencia de unidades de convivencia que cumpran os requisitos fixados nesta orde.

Concellos beneficiarios

1. Poderán ser beneficiarios destas axudas os concellos de Galicia de menos de 10.000 habitantes.

2. Para poder ser beneficiarios destas subvencións os concellos deberán ter cumprido o deber de remisión ao Consello de Contas de Galicia das contas xerais do exercicio inmediatamente anterior ao ano da convocatoria, cuxo prazo de presentación estivese vencido.

3. Non poderán ser beneficiarios destas axudas aqueles concellos que se atopen nalgún dos supostos previstos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Actuacións subvencionables

Consideraranse actuacións subvencionables a execución de obras de rehabilitación en edificacións e vivendas, co obxecto de que estas acaden unhas mínimas condicións de habitabilidade. Estas actuacións poden afectar elementos exteriores, as condicións estruturais e de seguranza, a habitabilidade e/ou a accesibilidade da edificación.

Requisitos das actuacións

1. Todas as actuacións que se realicen deberán axustarse á normativa técnica e urbanística en vigor e deberán cumprir a normativa vixente en materia de habitabilidade e funcionalidade.

2. As actuacións subvencionables non poden estar iniciadas no momento da presentación da solicitude.

3. O prazo de execución das obras virá fixado na resolución de concesión da subvención, sen que en ningún caso poida exceder seis meses.

4. O custo total das actuacións subvencionables poderá incluír os honorarios dos profesionais que interveñan, os informes técnicos e certificados necesarios, os gastos derivados da tramitación administrativa e outros gastos xerais similares, sempre que todos eles estean debidamente xustificados. No custo total das obras non se incluirán os gastos derivados de impostos, taxas e tributos.

Contía da axuda

1. As subvencións previstas nesta convocatoria faranse efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 08.80.451A.760.0, por importe de 200.000 euros, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016.

2. As axudas aos concellos para as actuacións sinaladas poderán acadar ata o 80 % do orzamento protexido das obras, sen que en ningún caso poidan superar a cantidade de 12.000 euros por edificación.

Prazo

O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará co esgotamento da partida orzamentaria contida nesta convocatoria e, en todo caso, o día 30 de novembro de 2016.

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon DOG Nº. 112824.13 KB
PDF icon DOG Nº. 112 - EXTRACTO418.72 KB