Subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o programa Cultura no Camiño, de cara ao fomento das artes escénicas e musicais nos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia. Prazo: 19-03-2024

Data: 

martes, 20 Febreiro, 2024 (Todo o día) a martes, 19 Marzo, 2024 (Todo o día)

 

Axencia Galega das Industrias Culturais 

Resolución do 2 de febreiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o programa Cultura no Camiño, de cara ao fomento das artes escénicas e musicais nos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia polos cales discorren os diferentes Camiños de Santiago, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento CT302B).

BDNS (Identif.): 743737.

Finalidade

A finalidade da resolución é o establecemento das bases reguladoras das subvencións destinadas a cofinanciar programacións culturais realizadas por entidades locais polas cales discorren os diferentes Camiños de Santiago para contribuír á promoción das artes escénicas e musicais, e aprobar a súa convocatoria para o ano 2024.

Entidades beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarios destas axudas os concellos da Comunidade Autónoma de Galicia polos cales discorren os diferentes Camiños de Santiago, recoñecidos pola Lei 5/2016, do 4 de maio, de patrimonio cultural, e delimitados polo correspondente decreto, así como aqueles sobre os cales se ditou acordo de inicio para súa tramitación.

2. As entidades locais galegas poderán presentar a súa solicitude individual ou conxuntamente como agrupación, asociación, mancomunidade, fusión ou outra fórmula similar. Nos supostos de mancomunidades, consorcios ou áreas metropolitanas, deberá acreditarse que o servizo se presta de xeito mancomunado, metropolitano ou consorciado e que, en todo caso, non supón unha actuación illada ou independente.

Procedemento, créditos, contías e límites

1. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase polo procedemento de concorrencia non competitiva, de conformidade co previsto nos artigos 19.2 e 22 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. As solicitudes de subvención examinaranse e serán outorgadas, ata o esgotamento do crédito, sempre que cumpran os requisitos exixidos nesta convocatoria por orde cronolóxica, tendo en conta a data de entrada no rexistro. Dado que os beneficiarios das axudas son os concellos que realizarán a contratación e que reciben unha cantidade fixa en función do número de habitantes, non resulta necesario a comparación e prelación entre solicitudes. Non se concederán novas axudas unha vez esgotado o crédito previsto, con independencia dunha publicación posterior deste aspecto polo órgano xestor, salvo que proceda o previsto no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. O financiamento destas axudas realizarase en todo caso en función das dispoñibilidades orzamentarias, e destinarase un crédito global de 250.000 euros da aplicación orzamentaria 10.A1.432B.760.0 do código de proxecto 2015-00003.

3. Concederase unha dotación económica para a contratación de programacións de artes escénicas e musicais do ano 2024, que suporá:

1º. Concellos de menos de 20.000 habitantes. Os concellos beneficiarios recibirán unha contía global fixa que ascende á cantidade de 2.500 euros, que en todo caso non poderá superar o 50 % do caché da actividade ou actividades programadas.

2º. Concellos de máis de 20.000 habitantes. Os concellos beneficiarios recibirán unha contía global fixa que ascende á cantidade de 3.500 euros, que en todo caso non poderá superar o 40 % do caché da actividade ou actividades programadas.

No suposto de solicitudes conxuntas, aplicaranse as cantidades anteriores a cada membro da agrupación en función do seu número de habitantes, sen que se poidan superar os límites establecidos no punto anterior.

4. De acordo co previsto no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, poderase ampliar excepcionalmente a contía máxima dos créditos dispoñibles cando existan remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

O incremento do crédito queda condicionado á declaración de dispoñibilidade como consecuencia das circunstancias sinaladas e, se é o caso, tras a aprobación da modificación orzamentaria que proceda. A ampliación de crédito publicarase nos mesmos medios que a convocatoria, sen que implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo para resolver.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para presentar as solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Máis Información

-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 743737): http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index

-Na Axencia Galega das Industrias Culturais, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da Axencia Galega das Industrias Culturais: https://industriasculturais.xunta.gal

b) Teléfonos: 881 99 60 77/881 99 60 78.

c) Enderezo electrónico: agadic@xunta.gal

d) Persoalmente.

e) Guía de procedementos e servizos administrativos, no enderezo: http://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos

Descargas: