Subvencións para o financiamento de proxectos promovidos por entidades locais para a innovación territorial e a reactivación da actividade socioeconómica e a loita contra o despoboamento. Prazo: 14-08-2023

Data: 

luns, 3 Xullo, 2023 (Todo o día) a luns, 14 Agosto, 2023 (Todo o día)

 

Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico

Extracto da Orde do 22 de Xuño de 2023 pola que se convocan subvencións para o financiamento de proxectos promovidos por entidades locais para a innovación territorial e a reactivación da actividade socioeconómica e a loita contra o despoboamento, durante o exercicio de 2023. BDNS (Identif.): 704776.

Obxecto

Convocar para o exercicio correspondente a 2023 as subvencións para o financiamento de proxectos innovadores promovidos polas entidades locais para a transformación territorial, que desde unha dimensión económica, social, medio ambiental e de xénero propicien a reactivación social e económica de zonas con problemas de despoboamento e revaloricen o espazo rural, de acordo co establecido na Orde TED/1358/2021, do 1 de decembro, pola que establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para o financiamento de proxectos innovadores para a transformación territorial e a loita contra o despoboamento.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as entidades locais previstas no artigo 3 da Orde TED/1358/2021, do 1 de decembro, pola que establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para o financiamento de proxectos innovadores para a transformación territorial e a loita contra o despoboamento.

Bases Reguladoras

Orde TED/1358/2021, do 1 de decembro, pola que establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para o financiamento de proxectos innovadores para a transformación territorial e a loita contra o despoboamento («Boletín Oficial do Estado» núm. 290, do 4 de decembro de 2021).

Contía

Importe total máximo das axudas que se concedan no marco desta Orde será de 16.234.430,00 €

Prazo de presentación de solicitudes

As subvencións reguladas por esta orde poderanse solicitar a partir do primeiro día hábil tras a súa publicación no «Boletín Oficial do Estado», e durante un prazo de trinta días hábiles.

Máis Información

-Na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS Identif.: 704776): https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/704776

-No Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

-Na Dirección Xeral de Políticas contra o Despoboamento.

 

Descargas: