Subvencións para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá nos anos 2022 a 2024. Prazo: 21-07-2023

Data: 

xoves, 22 Xuño, 2023 (Todo o día) a venres, 21 Xullo, 2023 (Todo o día)

 

Consellería de Política Social e Xuventude

Orde do 12 de xuño de 2023 de modificación da Orde do 19 de outubro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá nos anos 2022 a 2024, susceptible de ser cofinanciada polo programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se realiza a súa convocatoria (código de procedemento BS700A). BDNS (Identif.): 655302.

Obxecto

Esta orde ten por obxecto concretar a fonte de financiamento, actualizar as contías das subvencións e o cálculo do seu importe, incrementar o crédito establecido na convocatoria inicial e proceder á apertura do prazo de presentación das solicitudes para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia destinadas á prestación de servizos nos anos 2022, 2023 e 2024, ao abeiro do disposto no Decreto 183/2013, do 5 de decembro, polo que se crea a Rede galega de atención temperá, mediante xestión individual ou compartida, directa ou indirecta a través da concertación con terceiros da execución total ou parcial da actividade.

Entidades beneficiarias

Serán entidades beneficiarias segundo o tipo de xestión:

a) Xestión individual: concellos cun censo mínimo de 10.000 habitantes, incluídos os que resulten dunha fusión municipal.

b) Xestión compartida: agrupacións de concellos e/ou de mancomunidades de concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais constituídos exclusivamente por concellos.

Quedan excluídas as deputacións provinciais.

Bases reguladoras

Orde do 12 de xuño de 2023 de modificación da Orde do 19 de outubro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá nos anos 2022 a 2024, susceptible de ser cofinanciada polo programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se realiza a súa convocatoria (código de procedemento BS700A).

Financiamento

O importe do financiamento desta convocatoria será cofinanciado nunha porcentaxe do 60 % polo programa FSE+ Galicia 2021-2027, dentro do obxectivo político 4 «Unha Europa máis social e inclusiva mediante a aplicación do piar europeo de dereitos sociais»; prioridade 7 «Garantía infantil»; obxectivo específico ESO4.11 «Mellorar a igualdade e a oportunidade do acceso a uns servizos de calidade, sustentables e alcanzables, incluídos os servizos que propicien o acceso á vivenda e uns coidados centrados nas persoas, especialmente a sanidade; modernizar os sistemas de protección social, especialmente o fomento do acceso á protección social, cunha atención particular aos nenos e aos colectivos desfavorecidos; mellorar a accesibilidade, tamén para persoas con discapacidade, a efectividade e a resiliencia dos sistemas de asistencia sanitaria e de dependencia» e medida 7.K.01 «Servizo de atención temperá destinado a menores vulnerables con trastornos no seu desenvolvemento».

Para o financiamento da convocatoria inicial ao abeiro da Orde do 19 de outubro de 2022 destinouse o crédito por importe total de once millóns oitocentos doce mil douscentos dezanove euros (11.812.219,00 €), imputados á aplicación 13.04.312E.460.1.

En virtude da modificación desta convocatoria, increméntase o financiamento destinando nun importe total dun millón cento oitenta e nove mil novecentos trinta e nove euros con noventa e seis céntimos (1.189.939,96 €), que se imputarán á dita aplicación 13.04.312E.460.1, onde existe crédito dispoñible adecuado e suficiente procedente dos saldos de autorización correspondente aos exercicios 2023 e 2024 da convocatoria inicial.

Contía

En virtude da modificación, a contía máxima de subvención por entidade beneficiaria virá determinada polo número total de horas de traballo do equipo que conforma a unidade e, en todo caso, cos seguintes importes máximos en función do tipo de xestión:

1º. Individual: 11.045,00 € por mes subvencionable.

2º. Compartida: 14.415,00 € por mes subvencionable.

Ao custo unitario engadiráselle un 35 % en concepto dos outros custos directos e os indirectos necesarios para o desenvolvemento da prestación.

Prazo de presentación de solicitudes

Procede a apertura dun novo prazo de presentación das solicitudes, que será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

As novas solicitudes presentadas tramitaranse de acordo coas bases establecidas na Orde do 19 de outubro de 2022.

As entidades que xa solicitaron as axudas de conformidade coa convocatoria inicial ao abeiro da Orde do 19 de outubro de 2022 non terán que presentar unha nova solicitude.

Máis Información

-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 655302): http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/es/index

-Na Conselleira de Política Social e Xuventude.

 

Descargas: