A Unión de Guardias Civiles en Galicia recorre á FEGAMP para que se adapte o servizo ás necesidades específicas da nosa comunidade

Data: 

martes, 3 Marzo, 2020 (Todo o día)

O presidente da FEGAMP Alberto Varela recibiu aos representantes da Unión de Guardias Civiles de Galicia para tratar as necesidades deste corpo de seguridade no ámbito galego. A asociación solicitara dita reunión para expoñer as dificultades específicas da nosa comunidade no desempeño das súas funcións; concretamente a dispersión xeográfica con núcleos pouco poblados e o envellecemento da poboación.

Na reunión tamén se abordou o estado dos carteles nalgunhas localidades e os principais requerimentos dos veciños.

A Unión de Guardias Civiles suxeriu a necesidade de adaptar o servizo a realidade sociodemográfica galega do século XXI, propoñendo novas formas de atención aproveitando as avantaxes tecnolóxicas e valorando o uso dos recursos empregados ata o momento.