Data:
A FEGAMP, en colaboración con UNICEF Comité Galicia e a Consellería de Política Social, teñen o pracer de convidarvos ás V Xornadas Formativas de Cidades Amigas da Infancia en Galicia “Ferramentas para a implementación e mellora das políticas de infancia e adolescencia no ámbito local “ que terán lugar o vindeiro mércores 13 de decembro na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Santiago de Compostela.
A iniciativa Cidades Amigas da Infancia de UNICEF busca impulsar un modelo de xestión municipal centrado nos dereitos de infancia. Coa implantación desta iniciativa, contribuímos a mellorar as condicións de vida dos nenos, nenas e adolescentes, mediante a promoción e a implantación de políticas municipais que garantan o seu desenvolvemento integral desde un enfoque de dereitos.
Un dos 5 obxectivos marco desta iniciativa é o de garantir o dereito de todos os nenos e nenas a desenvolverse nunha contorna segura e limpa. Con este contexto e entendendo que os municipios teñen tamén un papel fundamental na implementación da Lei de Protección Integral á infancia e a adolescencia fronte a violencia (LOPIVI), UNICEF Comité Galicia organiza esta xornada na que afondar sobre cuestións claves como son a planificación das políticas de infancia, a protección e a promoción da participación infantil e adolescente.
Convidámosvos a participar nestas xornadas, que polas temáticas a tratar é recomendable a asistencia de equipos de goberno e/ou persoal técnico municipal con competencias en materia de infancia, familia, educación, participación ou servizos sociais, así como profesionais de entidades que desenvolvan o seu labor profesional no ámbito dos servizos sociais, educación ou protección de poboación menor de idade.
Para consultar dúbidas podedes contactar con Marta Andrade de UNICEF Comité Galicia: mandrade@unicef.es
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
Programa provisional | 132.06 KB |