XORNADA UNICEF "O IMPACTO DA TECNOLOXÍA NA ADOLESCENCIA EN GALICIA"

Data: 

martes, 8 Febreiro, 2022 (Todo o día)

ORGANIZA: UNICEF

CANDO: O martes 8 de febreiro, de 17:00 a 19:30h.
ONDE:

  • PRESENCIAL No Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía da USC, Santiago de Compostela. Previa inscrición ata completar aforo.

           PREMER AQUÍ PARA INSCRIBIRSE

Este estudo contou coa participación de máis de 3.000 adolescentes de Galicia sendo os seus resultados unha fotografía moi precisa sobre como usan a tecnoloxía os rapaces e rapazas da nosa contorna e, sobre todo, como se relacionan a través das pantallas e os dispositivos electrónicos.
A presentación contará coa participación dos autores do estudo: UNICEF, a Universidade de Santiago de Compostela e o Consejo General de Colegios Oficiales de Ingeniería en Informática, que darán as claves para interpretar os datos e propostas de actuación no ámbito familiar, educativo e político.
Se non podes asistir, a presentación quedará gravada nesa mesma ligazón, pero non perdas a oportunidade de participar en directo e contribuír coas túas posibles dúbidas e comentarios no chat da presentación.

Reserva a túa axenda o 8 de febreiro e:

  • Inscríbete aquí para asistir de forma presencial na USC (aforo según normativa sanitaria vixente na data do evento).
  • Ou garda a ligazón directa para conectarte en liña ao evento.

Máis información aquí.

INTERVEÑEN:
• Myriam Garabito, Presidenta de UNICEF Comité Galicia.
• Antonio Rial, Profesor titular da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Responsable científico do estudo.
• Fernando Suárez, Presidente del Consejo de Colegios Oficiales de Ingeniería en Informática. Responsable do soporte tecnolóxico do estudo.
• Irene Marín, Coordinadora de UNICEF Comité Galicia.
• Belén Montesa, Psicóloga, experta en adolescentes.
• Fernando Lacaci, Presidente da Confederación de ANPAS Galegas.
• Andrea Herrero, Profesora de secundaria e Directora do IES Praia Barraña, Boiro.
• Beatriz, 15 anos, Membro do Consello Local de infancia e adolescencia de Teo.
• Martín, 15 anos, Membro do Consello Local de infancia e adolescencia de Nigrán.
A mesa redonda será conducida por María Solar, escritora e periodista.

A AXENDA completa aquí.