Data:
O Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) convida ás Xornadas REVITALIZA “Biorresiduos municipais retornando ao agro: co-compostaxe de residuos agro-gandeiros con municipais”, organizado conxuntamente coa Deputación de Pontevedra. Estas Xornadas terán lugar os vindeiros luns 20 e martes 21 de decembro, en horario de mañá e tarde, no salón de plenos do Pazo Provincial da Deputación.
A idea-forza das xornadas é a presentación polo medio dos seus propios actores, do pasado recente, do presente e do futuro inmediato esperable para unha oportunidade tan innovadora como ven sendo esta da posta en valor das (evidentes) sinerxías entre as xestións dos biorresiduos municipais cos do agro (agricultura e gandería).
Este seminario vai dirixido aos emprendedores, empresarios e autónomos interesados na economía circular e na mellora da xestión dos biorresiduos derivados da súa actividade agrícola ou gandeira, aos técnicos/as de distintas administracións locais vinculados á planificación e xestión municipal, aos responsables de medio ambiente e da xestión dos residuos das entidades locais, aos responsables da xestión e tratamento dos residuos procedentes da agricultura e gandería, aos responsables das administracións provinciais e autonómicas, a actores implicados na xestión dos biorresiduos en xeral e ao Público interesado en xeral.
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
Programa da xornada | 3.15 MB |