Os concellos asinan un novo convenio para ofrecer instalacións deportivas ante o aumento da demanda

Data: 

venres, 11 Xuño, 2021 (Todo o día)

A Fegamp asinou coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade un novo convenio para regular o uso das instalacións deportivas de centros educativos dependentes da Xunta.

O documento da continuidade á colaboración entre ambas institucións neste eido cunha fórmula que estipula a aportación económica dos concellos polo uso das instalacións en función das horas ou espazos. Ademais, os concellos aportarán, entro outros, o persoal necesario para manter abertas as instalacións fóra do horario escolar.

O presidente da Fegamp, Alberto Varela, subliñou este sobreesforzo dos concellos -que xa empregan 60 millóns de euros no mantemento ordinario dos C.E.I.P.-, cara a ofrecer aos veciños e veciñas máis facilidades para facer exercicio toda vez que “o confinamento fixo que moitas persoas se decataran da necesidade de mudar certos hábitos e facer actividade física”.

Este convenio supón para algunhas localidades de menor tamaño, “a única posibilidade de dispor deste tipo de instalacións, e para concellos con máis medios e capacidades, una aumento da súa oferta”. Se trata de “optimizar os recursos públicos en beneficio da cidadanía”.